O Courel

Como nunca o imaxinaches


Quiroga é o noso epicentro e tamén a entrada ó mundo máxico do Courel. Estas montañas atravesadas polo pregamento de Campodola son testemuñas do nacemento xeolóxico de Galicia. Dende Quiroga tamén miramos á Ribeira Sacra, aspirante a ser patrimonio da Humanidade. Nós coñecemos estas paraxes mellor ca ninguén, xa que o que da sentido a nosa labor é mostrar a riqueza desta zona a nenos e non tan nenos. Cunha oferta difícil de igualar, somos pioneiros en amosar a maxia desta terra dende a súa mesma orixe.


Excursións escolares e campamentos no Courel

A meirande parte dos nenos galegos viven en contornas urbanas afastados dos rios e dos montes ós que cantaba Rosalia de Castro. As montañas da serra do Courel, no sueste da provincia de Lugo, son o lugar perfecto para que os rapaces conecten coa natureza máis pura. Rodeados polo Lor e os seus afluentes, entre os vales, os soutos e as fragas os nenos poderán vivir unha experiencia inesquecible no seo da reserva natural máis grande de toda Galicia. O noso equipo formado por biólogos, mestres, pedagogos e monitores de tempo libre estará o voso carón nesta experiencia. As actividades pódense adaptar as necesidades dos centros escolares e institutos.

Descúbreas



Rutas no Courel: Etnografía,sendeirismo, turismo activo e xeoloxía

O Courel e a Ribeira Sacra atópanse entre os lugares máis fermosos de Galicia, son o escenario ideal para desenvolver actividades de aventura e turismo activo. Neste entorno o visitante poderá atopar milleiros de actividades para gozar dunha estancia inesquecible na que sentir con intensidade a esencia do Courel. Tanto se estas a buscar unha aventura que suba os niveis de adrenalina como se te achegas na procura dunha xornada de tranquilidade; os ríos, as sendas e as fragas deste lugar serán o teu mellor aliado. Somos a mellor opción para o turismo no Courel e Ribeira Sacra.

Descubre O Courel

Desafío Courel

Para o Desafío Courel do 2016 temos moitas novidades: Presentamos un novo maratón, ‘200 Crestas‘ Desafío Courel, que celebrarase o 19 de Marzo. Con 110km, na súa meirande parte pasará polas pistas das 3 cumbres máis altas do Courel como son Formigueiros, Pía Páxaro e Montouto. Ningunha delas baixa dos 1.500m sobre o nivel do mar e teñen un desnivel acumulado positivo e negativo de 7.406m. A proba do 24 de setembro agora chámase ‘Clásica‘ Desafío Courel, onde se manteñen os 98km de percorrido, os 8.204m de desnivel acumulado positivo e negativo, as rampas do Formigueiros e a intención de ser a carreira máis dura da tempada. Temos premios para case todos, asi que se cres estar preparado…
Inscríbete


Quiroga Trail Challenge

Tamén temos novidades para o circuito do Quiroga Trail Challenge 2016. O Trail do Castelo celebrarase o 27 de febreiro e incluimos unha Ultra Trail de 62km con 6.500m de desnivel acumulado positivo e negativo. Mantense o Trail con 42km e 4.800m de desnivel e o Mini Trail con 23km e 2.600m. O Trail do Lor celebrarase o 7 de maio coas disciplinas de Trail de 46km e 6.000m de desnivel acumulado positivo e negativo e o Mini Trail con 18km e 2.200m. Esta é, como xa a chama moita xente, a carreira máis dura de Galicia. Non esquezades que garantizamos a beleza e a dureza dos nosos eventos, paraxes incribles onde os participantes poñerán a proba a súa resistencia física e mental contra os obstáculos da natureza.
Inscríbete

Consúltanos

8 + 5 =

Pin It on Pinterest